Integración social

Nas 2000 horas do módulo aprenderedes a programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de integración social aplicando estratexias e técnicas específicas, promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias e garantindo a creación de ámbitos seguros, tanto para profesionais como para as persoas destinatarias.

Logo de obter o título de técnico superior en Integración Social poderedes traballar nos seguintes ámbitos: no sector dos servizos ás persoas (de tipo asistencial, educativo, de apoio na xestión doméstica e psicosocial) e no de servizos á comunidade (atención psicosocial a colectivos a persoas en desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral, promoción de igualdade de oportunidades e defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos/as).

Advertisements