Educación infantil

Nas 2000 horas do módulo aprenderedes a deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de eduación infantil no ámbito formal, consonte a proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.

Co título de técnico superior en Educación Infantil poderedes traballar nos seguintes ámbitos: no sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.

A %d blogueros les gusta esto: