Probas finais xuño 2020

Achegamos as datas de entrega e das probas escritas dos módulos de 1º de ciclos. 1º Integración Social MÉRCORES 10 10.00 Promoción 10.00 Método 10.00 Inserción Sociolaboral 12.00 Contexto 12.00 FOL 12.00 A.U.C. 1º Educación Infantil LUNS 8 9:00 Xogo 10:00 Didáctica MARTES 9 9:00 Desenvolvemento cognitivo-motor 10:00 FOL MÉRCORES 10 10:00 Expresión e comunicación

Segue a actividade educativa malia a crise do COVID-19

Desde hoxe o noso colexio, así como todos os centros educativos do estado, estarán pechados por dúas semanas. A evolución da epidemia do coronavirus trouxo unha situación e unhas medidas excepcionais, malia isto a actividade educativa non para. O profesorado dos ciclos continuamos a traballar desde as nosas casas. A través da plataforma Moodle eSeguir lendo “Segue a actividade educativa malia a crise do COVID-19”

A Xunta suspende as clases desde o luns 16 de marzo polo coronavirus

O presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, anunciou este mediodía as seguintes medidas en relación aos centros educativos: A suspensión de todas as actividades, escolares e extraescolares, en TODAS as etapas educativas. De maneira oficial, a partir do luns día 16 de marzo. Non obstante, recoméndase que xa mañá, venres, non se leven aoSeguir lendo “A Xunta suspende as clases desde o luns 16 de marzo polo coronavirus”

Calendario de exames finais 2020 dos CFGS

Achegamos o calendario dos exames finais dos ciclos: CFGS INTEGRACIÓN SOCIAL _Venres, 13 de marzo 9:00 – Habilidades Sociais 10:00 – Primeiros Auxilios 12:00 – SAAC _Luns, 16 de marzo 9:00 – Apoio Intervención Educativa 12:00 – Empresa e Iniciativa Emprendedora _Martes, 17 de marzo 9:00 – Primeiros Auxilios 10:00 – Mediación Comunitaria 12:00 –Seguir lendo “Calendario de exames finais 2020 dos CFGS”

Mudamos as aulas á zona vella de Vigo

Hoxe trasladamos os aprendizaxes fóra das paredes do colexio. As aulas foron as rúas da zona vella de Vigo. Guiadas por Antón Bouzas coñecemos a historia do programa Sereos e o impacto da droga nas habitantes dese barrio. No roteiro tivemos a oportunidade de coñecer a ‘Nave’, espazo onde dormen ao redor dunha ducia deSeguir lendo “Mudamos as aulas á zona vella de Vigo”

Aprendemos dos libros vivintes

O grupo de 2º de Integración Social recibiu a visita de Mª Carmen e José, nai e pai de Diego o profesor de Mediación Comunitaria. Unha visita que nos serviu para aprendermos sobre a técnica dos “libros vivintes”. Dividimos a clase en dous grupos que durante quendas de vinte minutos dialogaron sobre a infancia, oSeguir lendo “Aprendemos dos libros vivintes”

APAMP ábrenos as portas das súas instalacións en Navia

Esta mañá o grupo de 2° de Integración Social fomos de visita até Navia, onde coñecemos as instalacións e o traballo de APAMP. Dita asociación leva preto de medio século de actividade a prol dos dereitos das persoas con parálise cerebral. Pasamos toda a mañá coñecendo o centro de día, a residencia e o centroSeguir lendo “APAMP ábrenos as portas das súas instalacións en Navia”

Damos clase de FOL no lavadoiro do barrio

Aproveitando a boa tarde de onte, sacamos ás aulas ás rúas do barrio. O grupo de 1º de Infantil foi até o lavadoiro de Bichita onde dimos a clase de FOL. Demos un novo uso ao lavadoiro, nesta ocasión o alumnado fixo unha actividade co obxectivo de reflexionar sobre o uso das redes sociais eSeguir lendo “Damos clase de FOL no lavadoiro do barrio”

Alumnado de Integración Social participa no cine social de Cáritas 2020

Esta mañá os grupos de Integración Social acudimos á chamada de Cáritas para participar na edición de 2020 do cine social. A película escollida foi a “Terraferma” que presentou o drama que padecen moitas persoas no seu intento por cruzar o Mediterráneo para tratar de chegar a Europa, neste caso a Sicilia (Italia). O filmeSeguir lendo “Alumnado de Integración Social participa no cine social de Cáritas 2020”