Calendario e horarios exames extraordinarios 2º ciclos

Achegamos as datas e os horarios do exames e data de entrega dos módulos pendentes do alumnado de 2º de ciclos superiores. 2º Educación Infantil Luns 15 9:00 – Desenvolvemento socioafectivo 11:00 – EIE 12:00 – Didáctica (1º) Martes 16 10:00 – Autonomía persoal e saúde infantil 11:00 – Habilidades Sociais 12:00 Primeiros Auxilios MércoresSeguir lendo “Calendario e horarios exames extraordinarios 2º ciclos”

Presentación das revistas do proxecto intermodular +sociaIS

Esta semana o alumnado de 2º de Integración Social fixo a presentación das revistas nas que estiveron a traballar no proxecto +sociaIS. Os catro grupos presentaron en dúas xornadas as revistas nas que traballaron durante este trimestre. Os temas escollidos foron: migrantes, okupación, adicción e cadea. No seguinte trimestre continuaremos co proxecto neste caso traballandoSeguir lendo “Presentación das revistas do proxecto intermodular +sociaIS”

“Achegando culturas” da man da FSX e da biblioteca Xosé Neira Vilas

A Covid-19 impediu a tradicional visita do alumnado de 2º de Integración Social á biblioteca Xosé Neira Vilas, mais fomos quen de adaptala coa axuda do persoal da biblioteca e da Fundación Secretariado Xitano. Mar, traballadora da biblioteca municipal, acudiu ao noso centro para explicar o traballo que realizan en dito centro. Xunto a elaSeguir lendo ““Achegando culturas” da man da FSX e da biblioteca Xosé Neira Vilas”

Animamos a participar no programa Erasmus+ con seguridade

Esta semana presentamos ao alumnado de 2º curso dos ciclos superiores do noso centro a oferta de mobilidades que ofrecemos grazas ao programa Erasmus+. O curso pasado non puidemos realizar ningunha mobilidade por mor da COVID-19, este ano seguen as restriccións na mobilidade e unha situación sociosanitaria chea de incertidume. Co máximo coidado ofrecemos aSeguir lendo “Animamos a participar no programa Erasmus+ con seguridade”

Presentación do programa Erasmus+ 2020/21

A COVID-19 provocou que o curso pasado o noso alumnado non puidera participar no programa Erasmus+. Este ano a situación sociosanitaria na UE segue a ser delicada e non descoñecemos se este curso poderemos desenvolver as mobilidades, en todo caso a vindeira semana o coordinador Erasmus presentará ao alumnado de 2º de ciclos superiores asSeguir lendo “Presentación do programa Erasmus+ 2020/21”

Escoitamos a nosa PT falar de alteracións na linguaxe e na fala

Outro curso curso máis no que o alumnado de 2º de Integración Social, tivo a oportunidade de escoitar a Nuria, docente especialista en Audición e Linguaxe do noso cole, falarnos das alteracións máis frecuentes na linguaxe e na fala. Graciñas compañeira polo teu tempo e as túas verbas.

Brais, fálanos da depresión en primeira persoa

Ás veces neste centro temos a sorte de vivir momentos especiais. Onte e hoxe tivemos unha nova oportunidade. Ao comezo de curso Brais, alumno de 2º curso de Integración Social, compartiu co profesorado unha proposta, falar de depresión diante das súas compañeiras. Durante varios anos tivo que convivir co sufrimento en forma de depresión, agoraSeguir lendo “Brais, fálanos da depresión en primeira persoa”