A Covid-19 impediu a tradicional visita do alumnado de 2º de Integración Social á biblioteca Xosé Neira Vilas, mais fomos quen de adaptala coa axuda do persoal da biblioteca e da Fundación Secretariado Xitano. Mar, traballadora da biblioteca municipal, acudiu ao noso centro para explicar o traballo que realizan en dito centro. Xunto a ela viñeron as profesionais desta fundación en Vigo que ademais de explicar o traballo que desenvolven con esta comunidade presentaron o proxecto “Achegando Culturas”.
Logo das presentacións e explicación fomos coñecendo mellor á comunidade xitana grazas aos dous estoxos dos que foron “saíndo” diferentes materiais que nos permitiron coñecer mellor a este pobo.