Ás veces neste centro temos a sorte de vivir momentos especiais. Onte e hoxe tivemos unha nova oportunidade.
Ao comezo de curso Brais, alumno de 2º curso de Integración Social, compartiu co profesorado unha proposta, falar de depresión diante das súas compañeiras.
Durante varios anos tivo que convivir co sufrimento en forma de depresión, agora a superou grazas ao apoio da terapia e do apoio da súa xente este episodio.
Ao longo da súa exposición Brais debullando os inicios da súa depresión, a descrición do seu estado, as autolesións, os efectos do tratamento, a súa relación coa contorna naqueles anos, as ideas suicidas…
Tras un longo proceso de seis anos, no mes de setembro Brais rematou coa mediación e esta semana deu as dúas charlas explicando as súas vivencias.
Agradecemos a Brais o esforzo e ofrecemento por compartir con nós este episodio.