Neste peculiar curso hoxe estreamos un novo xeito de coñecer o traballo de SOS Racismo Galicia: a videochamada.
Desde as 9:30 contamos coa presenza de Esther Lora, traballadora de SOS Racismo Vigo e con ela estreamos jitsi como plataforma de acceso ao traballo dunha asociación, que na cidade traballa polos dereitos das persoas migrantes.
A través dunha presentación foi debullando os diferentes casos de discriminación que padecen as persoas migrantes nas nosas sociedades, agradecemos a tarefa desta entidade que nos permitiu afondar no temario do módulo de Mediación Comunitaria.