Xián Abeledo comparte a súa experiencia Erasmus con FP Básica e Integración Social

Logo de explicar a súa experiencia en Italia grazas ao programa Erasmus+ Xián Abeledo xuntouse co alumnado de FP Básica e de Integración Social para falar máis polo miúdo destas vivencias.

Logo disto mantivo unha charla co grupo de 14 solicitantes das 8 mobilidades KA103 para este curso. Nesa conversa falamos de aspectos concretos das mobilidades: lingua, vivenda, FCT…

De novo agradecemos a Xián que compartira con nós a súas andainas por Italia da man do programa Erasmus+ xestionado polo SEPIE e financiado pola UE.

Deixar un comentario