Así viviron o alumnado de Integración social a “aperta de árbores”

O mercores 4 de outubro preescolar e ciclo superior xuntámonos para unha actividade de contacto coa natureza na que aprendimos xuntos como dar apertas as árbores.

O día comezou cunha breve explicación, realizada polas alumnas e alumnos de primero de integración social ao alumnado de infantil sobre os beneficios de abrazar árbores. Despois disto maiores e pequenos camiñamos da man ata o parque da Guía acompañados das profesoras de ambos. Alí, ademais de apertar moitas árbores diferentes, recollemos xuntos alguns dos pequenos tesouros que nos ofrece o outono (landras, castañas, piñas,…) e, tras chear as nosas bolsas e mochilas de incontables reliquias e merendar volvimos ao colexio, felices por esta experiencia e desexando volver a aprender xuntos.

Deixar un comentario