Participamos en Redondela en Curto da man de Andaina

Convidados pola asociación Andaina de Redondela (andainaredondela.wordpress.com) hoxe acudimos ao multiusos de Chapela para participar no festival de curtametraxes Redondela en Curto (redondelaencurto.com).

Foi un pase especial, xa que Andaina e o festival xuntáronse para sensibilizar sobre diversidade funcional a través do audiovisual. Alumnado de diferentes centros da provincia, que tiñamos en común estudos “do social”, acudimos para participar nun pase de cinco curtas que deron paso a unha mesa redonda e posterior coloquio no que participaba Álex Gómez, alumno de 1º de Integración Social.

Foi unha mañá moi ben aproveitada para reflexionarmos sobre as persoas con diversidade funcional, sobre o papel da Integración Social…

Parabéns a Andaina e a Redondela en Curto pola iniciativa!

One thought on “Participamos en Redondela en Curto da man de Andaina

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: